As despedidas
por Santomé, Cecilia F [autor/a].
Tipo: LibroEditor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2024 Edición: 1ª edición.Descrición: 132 pp. ; 23 cm.ISBN: 978-84-1110-606-1.Recursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: «O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertaas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silencio, tristeza e fastío que se converten nun exercicio memorístico. Xestos, movementos e espazos que desencadean lembranzas, fiando unha elexía por quen marchou, pola propia infancia, por unha forma de vida que se esfarela no aire. E todo iso para chegar a unha conclusión: unha neta sen o seu avó é unha orfa de segunda.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EOI de Lugo Sala préstamo | 805.LIT/TO SAN des | Prestado | 30/01/2025 | LEJ004000014759 |
|
«O avó morreu hoxe. Ou quizais foi onte». Así, entre titubeos, arrinca esta crónica íntima dun dó con sabor a outro tempo. Un en que os defuntos eran velados nas casas, en que as capelas ardentes permanecían abertaas día e noite e en que os curas eran salvadores de almas... e mesmo de pelellos cando a loxística non acompañaba. Velaquí setenta e dúas horas nunha burbulla de silencio, tristeza e fastío que se converten nun exercicio memorístico. Xestos, movementos e espazos que desencadean lembranzas, fiando unha elexía por quen marchou, pola propia infancia, por unha forma de vida que se esfarela no aire. E todo iso para chegar a unha conclusión: unha neta sen o seu avó é unha orfa de segunda.