Apuntes de un cocodrilo / Qiu Miaojin ; traducción del chino y notas de Belén Cuadra Mora
por Qiu, Miaojin (1969-1995) [autor/a]
; Cuadra Mora, Belén [tradutor/a]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | EOI de Lugo Sala préstamo | 82-N QIU apu | Dispoñible | LEJ004000014971 |
|
Clásico de culto, é a primeira obra da autora taiwanesa Qiu Miaojin, publicada en 1994. A historia vira ao redor dun grupo de mozos universitarios queer (termo inglés que define unha identidade sexual ou de xénero que non corresponde coas ideas establecidas de sexualidade). Lazi, a narradora, ten unha relación con Shuiling, pero pronto se separan. Chukuang está namorado doutro mozo, Mengsheng, a quen ve só unha vez ao ano. Tuntun e Zhirou estiveron xuntas na escola secundaria pero sepáranse ao chegar á universidade e agora ambas teñen relacións infelices con homes. Todas as personaxes, enxeñosos, tristes e raros, pero cada un á súa maneira, parecen vivir unha existencia illada, separados da familia e da sociedade e na desesperació n vólvense autodestructivos. Na universidade logran tomar conciencia de quen son, é o momento do descubrimento. Paradoxicamente, lonxe de representar o inicio dunha nova etapa, veranse arrastrados a unha vida de restricións e insatisfacción. O seu único alivio é a amizade que lles une, un territorio de liberdade, un micromundo no que se permiten ser eles mesmos.